• PROBAS PARA A ACREDITACIÓN DE NIVEL DE LINGUAS (CUALE E LIBRES)

    • Quen se pode presentar a estas probas?

      • alumnado de 2º de Bacharelato
      • alumnado de CUALE
      • alumnado de 1º de Bacharelato,só se tiveramos excedente económico.

      Teño que pagar algo? 

      Non, o centro encárgase de pagar despois de que presentes a documentación. 

      Que documentación hai que presentar? 

      • Resgardo/xustificante da matrícula
      • Fotocopia de DNI
      • Documento que acredite familia numerosa ou discapacidade
      • Pago de taxas (ocúpase o centro)

      Cal é o procedemento para obter o documento de solicitude de matrícula? 

      tendo en conta que: 

      • No lugar para a realización da proba debes marcar sempre a EOI de Vilagarcía en 1º lugar, e se é necesario indicar outros lugares (que vai ser así para o B2 e C1), poñer a EOI de Pontevedra en 2º lugar, despois en 3º lugar a EOI de Santiago. 
      • se es de familia numerosa ou tes algún grao acreditado de discapacidade, deberás marcar estas opcións e presentar a documentación acreditativa.

      Unha vez realizado o anterior deberás presentar o resgardo da solicitude no despacho da administración do centro antes do venres, 27 de febreiro, xunto coa fotocopia do DNI se non a adxuntaches no formulario de inscrición. 

      Para resolver dúbidas, debes comunicalo a través da mensaxería deste curso, o antes posible para buscar un momento para solucionalas. 

    • Icona Páxina
      Información sobre as probas e traslados.

      Organización do transporte para as probas libres de linguas estranxeiras.