Na ligazón https://www.edu.xunta.gal/axudasle/ pódense consultar as primeiras listaxes publicadas en relación á ORDE do 7 de xaneiro de 2026 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026 destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).
Está aberto un prazo de 10 días hábiles (fin de prazo 23 abril) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias, segundo o que establece o
Artigo 15. Procedemento de adxudicación de praza
1. Finalizada a comprobación das solicitudes e da documentación recibidas, o órgano instrutor publicará tres listaxes: unha, en que se incluirán as solicitudes admitidas; unha segunda, de solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto, e unha terceira, de solicitudes excluídas, facendo constar as causas de exclusión.
Se solicitaches estas axudas, revisa as listaxes.
Un saúdo.