Vivir unha experiencia Erasmus+ é algo que só ten vantaxes. Toda persoa que o fixo regresa cun reporte moi positivo. No caso do alumnado de Formación Profesional supón, ademáis, unha oportunidade demellorar a súa empregabilidade, aquí ou fóra, e tamén a posibilidade de acceder a traballos de mellor calidade.
Visitar outros países favorece tamén o sentimento de pertenza a Europa, permite apreciar as diferenzas culturais, coñecer outras xentes e mellorar a competencia comunicativa en linguas estranxeiras. Sen esquecernos de que, en moitos casos, esta experiencia supón un gran impulso a autonomía persoal.
Cando falamos de FP en Erasmus+ estamos a englobar duas seccións importantes do programa:
VET: Para ciclos de grao básico e medio
HED: Para ciclos de grao superior.
Nesta aula virtual pretendemos reunir información do que o alumnado de FP podedes atopar nos centros de Bueu, Cangas e Moaña, para que vos animedes a solicitar unha bolsa Erasmus+ e poidades facer prácticas no estranxeiro, con todo o que iso implica.