Cargando
Click if page fails to load

ERASMUS+ EN FP NO MORRAZO

  •    
     

    Vivir unha experiencia Erasmus+ é algo que só ten vantaxes. Toda persoa que o fixo regresa cun reporte moi positivo. No caso do alumnado de Formación Profesional supón, ademáis, unha oportunidade de mellorar a súa empregabilidade, aquí ou fóra, e tamén a posibilidade de acceder a traballos de mellor calidade.

    Visitar outros países favorece tamén o sentimento de pertenza a Europa, permite apreciar as diferenzas culturais, coñecer outras xentes e mellorar a competencia comunicativa en linguas estranxeiras. Sen esquecernos de que, en moitos casos, esta experiencia supón un gran impulso a autonomía persoal.

    Cando falamos de FP en Erasmus+ estamos a englobar duas seccións importantes do programa: 

    • VET: Para ciclos de grao básico e medio
    • HED: Para ciclos de grao superior. 

    Nesta aula virtual pretendemos reunir información do que o alumnado de FP podedes atopar nos centros de Bueu, Cangas e Moaña, para que vos animedes a solicitar unha bolsa Erasmus+ e poidades facer prácticas no estranxeiro, con todo o que iso implica.