-
IES PLURILINGÜE A PARALAIA - MOAÑA
-

No IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña, impártense os seguintes ciclos formativos de grao básico, medio e superior:
- Formación Profesional Básica en Informática de Oficina
- Formación Profesional Básica en Instalacións Eléctricas e Mecánicas
- Ciclo Medio en Instalacións Eléctricas e Automáticas
- Ciclo Medio de Mecanizado
- Ciclo Superior de Automatización e Robótica industrial
- Ciclo Superior de Administración e Finanzas
O centro conta coa acreditación Erasmus+ VET (Vocational Education and Training). Isto permite ter proxecto propio con financiación para ofertar mobilidades nos graos básico e medio da Formación Profesional. A Paralaia, tamén esta dentro do consorcio da Deputación de Pontevedra, o que aumenta as oportunidades que se poden ofertar.
Tamén conta coa carta ECHE (Erasmus Charter for Higher Education), que permite ter proxecto propio para mobillidades no grao superior. Neste caso A Paralaia está tamén dentro do consorcio da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ofrecendo así duas vías diferentes para conseguir unha bolsa Erasmus+ neste ámbito.
O alumnado do centro pode facer mobilidades de curta duración, máximo 89 días, para realizar formación en empresa, é dicir, prácticas nunha empresa en outro país, ou mobilidades de longa duración, unha vez titulados (duración de 3 a 12 meses). No ciclo superior este curso foi a primeira vez que ofertamos outro tipo de mobillidades en ciclo superior, de curta duración para estudos, non para prácticas. De cara aos vindeiros cursos, queremos aumentar a oferta, que o alumnado se anime máis a vivir esta experiencia, e estamos tratando de organizar outros tipos de mobilidades, por exemplo, en pequenos grupos, para visitar centros con ensinanzas formativas similares as nósas.
Nos últimos anos temos enviado a alumnos e alumnas a Polonia, Italia, Alemaña, Malta e Francia.
A experiencia é moi enriquecedora, aumenta o sentimento de pertenza ao espazo europeo, favorece a interculturalidade, mellora a autonomía, a competencia idiomática dos participantes e a súa empregabilidade.
Infórmate en www.paralaia.net e https://erasmusparalaia.blogspot.com/
-
VIDEO FPB e CICLOS MEDIOS
VIDEO CICLOS SUPERIORES
-
