Sección B: A mediación escolar

A creación nos centros educativos dun servizo de mediación, coordinado e integrado no plan de convivencia, ten, como comentamos anteriormente, a súa orixe na corrente de resolución de conflitos e conecta coas propostas da xustiza restaurativa.
É necesario ter presente que en cada centro existen unhas necesidades e dispoñen duns recursos diferentes, polo que o programa de mediación pode e debe variar dun centro a outro xa que é necesario contextualizalo para cada caso, aínda que a estructura básica que imos propoñer pode ser compartida.
Así mesmo, é preciso asumir que o servizo de mediación será unha posibilidade máis que axude a configurar un modelo global de tratamento dos conflitos nos centro escolares. Polo tanto, supón un mecanismo complementario doutras moitas accións que deben activarse nos centros para mellorar a convivencia. Entre esas teremos as vías:
- Formativas:
- Do profesorado
- Do alumnado
- Das familias.
- Do persoal non docente.
- Curriculares:
- Programas de habilidades sociais.
- Aprendizaxe cooperativo.
- Educación socio-emocional.
- Ou outras formas de abordar os conflitos:
- Os círculos de diálogo restaurativo.
- Os programas de axuda entre iguais.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0