Saltar la navegación

Sección A: Os precedentes da mediación

As orixes da mediación podémolos atopar fóra do campo da educación en moitas experiencias e lugares diferentes:

  • Nas cooperativas creadas sobre todo no ámbito rural.
  • Nos movementos de colectivos campesiños que apareceron durante a Guerra Civil entre 1936-39.
  • Nos programas de mediación comunitarias creados pola administración do presidente Jimmy Carter.
  • Nos programas “Children´s Creative Response to Conflict”  de resolución de conflitos que introduciron os cuáqueros nas escolas de Nueva York, xa desde o 1972.
  • Na creación en EEUU en 1984 da NAME (Academia Nacional para Mediadores en Educación).
  • … .

               Estes, e moitos máis que non se explicitan aquí, serían precedentes moi claros dos procesos de mediación. A través dos cales, os humanos buscamos vías para resolver os litixios e establecer maneiras de tomar decisións que a todos os membros lles parezan xustas e eficaces.

          A idea de mediación enmarcase dentro do campo da xustiza restaurativa en contraposición á xustiza retributiva ou punitiva. Así frente a perspectiva aplicada desde esta última (ante a infracción dunha norma é necesario a aplicar un castigo), a xustiza restaurativa intenta poñer o foco de atención nas relacións sociais e no impacto emocional. Tal como establece o marco teórico, proposto por Zehr (2002, 2004), isto supón cambiar o centro de atención e intentar comprender: ¿ que pasou? ¿que foi danado? ¿que se necesita para reparar o dano? É dicir, buscar restablecer o dano sufrido.

O traslado ao ámbito educativo dos procesos de mediación debese á influencia de varias liñas de traballo que según R. Pulido et al serían as seguintes: