D.1: A xestión dos conflitos

Algunhas cousas que axudan:
- Tomar conciencia (GudyKunst, 1991). Esto supón incrementar a conciencia sobre os nosos prexuizos, estar atentos e percibir adecuadamente as diferencias en valores, estilos comunicativos, expectativas e intencións das partes. Ser conciente significa, tamén, estar dispostos a explorar as diferencias. En definitiva, temos que asumir que hai moitas cousas que debemos aprender para interpretar correctamente a conduta e as interaccións dos demáis con nós. A reflexión é fundamental para poder tomar conciencia.
- Boa disposición: o anterior é necesario pero non suficiente, a parte, necesitamos estar dispostos a intentar explorar novos modos de acercamento ó conflito, dispostos a mudar crenzas ou enfocar o conflito de maneira diferente.
- Habilidades básicas: por último debemos aprender as habilidades necesarias para xestionalo adecuadamente. Serían moitas as que podemos citar pero as fundamentais serían as seguintes: habilidade para enviar mensaxes efectivos, habilidade para saber escoitar eficazmente e habilidades para escoller o enfoque adecuado.
En definitiva, temos que procurar convertir o conflito dun proceso positivo de mellora do coñecemento mutuo e non destructivo, e iso depende de como se encare. A mediación pode ser unha alternativa para resolvelo de maneira constructiva.
Obra publicada con Licencia Creative Commons Reconocimiento Compartir igual 4.0