Saltar navegación

Nutrición

A nutrición das plantas

As plantas son seres vivos autótrofos, e dicir, capaces de elaborar o seu propio alimento. Todas?. Ímolo ver.

Fases da nutrición das plantas:

1-Absorción: As raíces e os pelos absorbentes extraen do chan a auga e as sales minerais.
2-Transporte: Auga e sales minerais que forman o zume bruto suben polo talo ata as follas polos condutos leñosos do talo.
3-Fotosíntese: O zume bruto  chega ás follas transformándose en zume elaborado  grazas ao dióxido de carbono do aire e á enerxía solar que captan as follas (a sustancia verdosa que teñen as follas, chamada clorofila, é a encargada de atrapar a enerxía do sol). Finalmente liberan osíxeno.
4-Distribución: O zume elaborado que é basicamente un azucre, glicosa, distribúese por toda a planta a través de diversos condutos .

Beatriz Moisset. Planta carnívora (CC BY-SA)


Non todas as plantas se nutren do mesmo xeito. Tamén hai plantas parasitas que se pegan a outras  para obter o zume bruto e logo facer a fotosíntese, ou directamente obteñen o zume elaborado por non ter capacidade para facer a fotosíntese. As plantas parasitas terminan facendo dano as plantas que as soportan.

Tamén hai plantas carnívoras que complementan a súa alimentación con insectos, ainda sendo capaces de realizar a fotosíntese.

Por ultimo indicar que hai plantas simbióticas  que se axudan mutuamente para alimentarse. Hai fungos que intercambian sales minerais por azucres con raíces doutras plantas. Os chícharos ou as fabas son quen de intercambiar con microorganismos e bacterias azúcres por nitratos (sales) enriquecendo ao mesmo tempo o chan.