Saltar navegación

A fotosíntese

A fotosíntese

A fotosíntese e un proceso mediante o cal as plantas convirten as sales minerais e a auga absorbidas polas raíces no chan xunto co anhídrido carbónico que recollen as follas do aire en nutrientes empregando a enerxía recibida do sol. Nese proceso desprenden osíxeno.

auga + sales minerais + anhídrido carbónico + enerxía =

nutrientes (glicosa) + osíxeno

As follas teñen unha sustancia chamada clorofila que é capaz de empregar a enerxía solar para transformar o zume bruto + CO2 en zume elaborado + osíxeno.

A fotosíntese é un proceso imprescindible para a respiración dos seres vivos. Sen fotosíntese non teriamos osíxeno e non existiría vida.

Evidentemente, como calquer ser vivo, as plantas tamén respiran. Na súa respiración consumen osíxeno espulsando polas follas CO2 e vapor de auga.