Saltar navegación

Flores

As flores

É o órgano reprodutivo das plantas. A flor vai a desenvolverse producindo froitos e sementes que darán lugar a novos individuos.

Partes da flor:

  • Pedúnculo: e o filamento (rabo) que une e soporta un froito ou unha flor unidas a un talo.
  • Cáliz: é o conxunto de sépalos, que envolven externamente a corola.
  • Corola: é o conxunto de pétalos. Forman a parte coloreada da flor.
  • Androceo: parte masculina da flor. É o conxunto de estames.
    Os estames están formados polo filamento e as anteras.
    As anteras almacenan os grans de pole.
  • Xineceo: parte feminina da flor. Tamén se chama pistilo.
    O pistilo, que ten forma de botella está dividido en estigma (boca), estilo e ovario. No ovario están os óvulos, que son as células reprodutoras femininas.