O sistema urinario
A excreción consiste na eliminación de residuos tóxicos que producen as células do corpo.
O sistema urinario é só unha parte do aparato excretor. Está composto polos riles e as vías urinarias:
Riles: son dous órganos con forma de faba, están situados na rexión lumbar a cada lado da espiña dorsal. Miden de 10 a 12 cm. de largo, uns 6 cm. de ancho e só 3 cm. de grosor.
Neles entra o sangue pola arteria renal para ser filtrado e xa limpo sae pola vea renal. Os residuos tóxicos da filtración máis a auga que lle sobra ao sangue forman a urina.
Uréteres: Son dous condutos moi finos, duns 3-4 milímetros de grosor e de 20 a 30 cm. de largo que conducen a urina dos riles ata a vexiga.
Vexiga: É unha bolsa musculosa que se encarga de almacenar os ouriños ata encherse. Ten unha capacidade de case medio litro, pero pode dilatarse ata conter un litro. Se está valeira, semella desinflada. Cando se enche, e a urina toca a parte superior da vexiga, sentimos a necesidade de expulsar a urina, o que provoca a micción (mexada), controlada polo cerebro.
Uretra: É un conducto que transporta a urina dende a vexiga ao exterior. Diariamente podemos expulsar ata litro e medio de ouriños
Imprime a ficha e pégaa na libreta. Tamén poderías reproducir o debuxo no teu caderno.
Proba a debuxar na libreta a tamaño real un ril. Recorda que son como fabas, de color vermello e que só teñen uns 12 cm. de alto por 6 cm. de ancho.
A pel:
carbónico (CO2)
dos glóbulos vermellos renovados e outros pigmentos que resultarían tóxicos se permanecesen no corpo. Logo expulsa os refugallos ao intestino xunto coa bile, que saiarán do corpo coas feces.