Ouriños
Os ouriños, urina ou mexo, son un líquido resultado de filtrarse o sangue nos riles que contén o exceso de auga no corpo e sustancias tóxicas que debemos expulsar.
Como se forma a urina?
O sangue chega aos riles pola arteria renal que se reparte en distintas arteriolas para chegar a unha partes microscópicas dos riles chamadas nefronas nas que se filtra o sangue. As nefronas son coma cápsulas nas que entra o capilar sanguíneo facendo unha madeixa.
Cada ril pode ter ata un millón de nefronas. As nefronas recollen as sustancias tóxicas filtradas e o exceso de auga do plasma sanguíneo para uns tubiños que levan os ouriños ata a cavide interior do ril, para ser expulsados polos uréteres e almacenados na vexiga.
A vexiga semella unha pelota sen aire que vaise enchendo segundo chegan os ouriños.
Cando os ouriños pegan no ceo da vexiga, unha terminación nerviosa envía un recado ao cerebro para que relaxe os exfínteres e aprete os músculos que rodean a vexiga e dese xeito ouriñar.
O ulido ou a cor da urina pode alertarnos de posibles infeccións ou enfermidades no corpo.
Se acudes ao médico/a e moi posible que che mande recoller os primeiros ouriños logo de espertar pola mañá para facer unha análise.