Saltar navegación

Manifestacións

MANIFESTACIÓNS DA EXPRESIÓN CORPORAL

Nas nosas clases de EF son moitas as formas coas que podemos traballar a Expresión

Corporal, no seguinte cadro imos clasificalas para así entendelas un pouco mellor, e

darnos conta que ao longo das sesións de EF que temos durante o curso existe

cantidade de veces tarefas ou actividades onde directa ou in directamente estamos

traballando a Expresión Corporal.

DRAMATIZACIÓN: Interpretar

o que acontece ou nos rodea,

non ten coma finalidade dar

ningún espectáculo.

Exemplo: Dar vida a un obxecto.

Xogo de marionetas.

  Pencho Campos. Tártaruga (CC BY-NC-SA)

Imitar por debaixo da saba os movementos dunha tártaruga.

MIMO: Arte de interpretar ou

representar unha historia a

través do xesto e o movemento

coa particularidade de ter a

cara pintada.

Mime Brown. Eyes face Painti (CC0)

TEATRO: Proceso creativo,

lúdico, expresivo, en grupo coa

finalidade de mostralo coma un

espectáculo.

Pencho Campos. Teatro (CC BY-NC-SA)

DANZA E BAILE: Movementos 

que facemos co noso corpo que

proceden do noso ritmo interno

(en función do noso estado

anímico) ou ritmo externo

(a través da música).

Pencho Campos. Baile (CC BY-NC-SA)