Saltar navegación

Coñecementos previos

COMUNICACIÓN?

        Pencho Campos Comunicación (CC BY-NC-SA)

A Comunicación é un proceso polo cal un emisor transmite información a un receptor a través dunha mensaxe.

Pencho Campos. Elementos Comunicación (CC BY-NC-SA)

A transmisión destas mensaxes  son mediante un código (Sistema de signos ou sinais que utilizamos para transmitir a mensaxe).

Nós na nosa comunicación cos demais utilizamos dous tipos de códigos:

  • Verbais: Palabras
  • Non verbais: Imaxes, xestos, sons, movementos.

Tamén dispoñemos dunha determinada canle (medio físico de comunicación):

Pencho Campos. Canles de comunicación (CC BY-NC-SA)

Elementos da Comunicación

Completa no seguinte texto os elementos da comunicación nas parénteses que quedan no texto.

Raquel ( ) paralizou a Iago ( )  coa mirada ( ) e este permaneceu no seu lugar      ( ) para  non ser descuberto por Antón.

Habilitar JavaScript