Saltar navegación

Actividade-2

Actividade despregable

Atribúe a cada acción  o tipo de  comunicación  que lle poida corresponder.

Carlos coma cada mañá ergueuse ás 7.30 da mañá. Estas son algunhas das rutinas coas que  se atopou hoxe.

1- Ler os correos que lle chegan por email.

2- Almorza sempre escoitando un programa de radio musical.

3- Cando xa está listo para marchar da casa,mándalle un WhatsApp a Pedro para que este baixe á   rúa a  coller o autobús.

4- Ao chegar os dous abaixo, como viven un fronte do outro, sempre se saúdan dende as beirarrúas levantando a man.

5- Cando van no autobús sempre atopan un semáforo en vermello.

6- Ao chegar ao cole van para o patio a xogar e as 9.15 toca o timbre.

7- Xa na aula reciben clases dos seus profes. O de mate escribíulle na pizarra un problema para que  o resolveran.

Na hora de ciencias, estiveron vendo un documental. .

En música, hoxe dous compañeiros tocaban coa  frauta e o tamboril unha  peza musical elixida por eles os días anteriores.

Despois do recreo, tocoulles a hora lectora onde cada un levaba o seu libro para ler. .

E xa a última hora, tiveron Educación Física onde o profe lles mostrou o Xogo das Sombras. Cada un tiña que pasar por detrás da saba e imitar a un animal que sacaba previamente dunha bolsa.

8- Finalmente ao chegar a casa entrou pola porta e deulle un abrazo aos seus pais.

Habilitar JavaScript