División dos Nutrientes
Os nutrientes son substancias sinxelas que a célula usa para obter todo o que necesita para vivir:
- Enerxía: para realizar calquera actividade é necesaria enerxía.
- Materiais: para medrar ou reparar tecidos o noso corpo necesita incorporar substancias que usa como materias.
- Regular procesos vitais: para que o corpo funcione correctamente necesita incorporar substancias que regulan algúns procesos. Por exemplo controlar a contracción dos músculos,
Os nutrientes pódense dividir en seis grupos: auga, hidratos de carbono, proteínas, graxas, vitaminas e sales minerais.