Saltar navegación

Dieta Equilibrada

Dieta Equilibrada

É a que nos aporta enerxía e nutrientes en proporcións axeitadas. É importante pensar que non se pode gozar dunha vida saudable comendo uns poucos alimentos.

A variación é o ideal, permitíndonos ademais desfrutar dos sabores e aromas dos alimentos.

A Roda dos alimentos axúdanos a coñecer a proporción e a frecuencia dos alimentos na dieta.

De tal forma que os alimentos que se atopan nos sectores máis grandes (hidratos de carbono, froitas e verduras), son os que se deben inxerir en maior cantidade. Se o sector é máis pequeno, menor debe ser a inxesta dos alimentos alí representados.

As larpeiradas , bolos, refrescos azucrados, etc… deben ser obxecto dun consumo excepcional.

Na cociña debe utilizarse preferentemente aceite de oliva.

Pencho Campos. Roda dos alimentos (CC BY-NC-SA)

Nota: No centro da roda incluímos a auga e a actividade física.