O ser humano é un ser vivo e polo tanto realiza as tres funcións vitais:
- Función de nutrición
- Función de relación
- Función de reprodución
A función de nutrición
O ser humano precisa dos aparatos para poder realizar a Nutrición. Estes aparatos e sistemasrealizan diferentes funcións de modo coordinado para que o corpo funcione e se manteña san.
- Aparato dixestivo: realiza a dixestión.
- Aparato respiratorio: realiza a respiración.
- Aparato circulatorio: realiza a circulación.
- Aparato urinario e outros órganos excretores: realizan a excreción.
Os nutrientes son substancias que están presentes nos alimentos e que as células do nosoorganismo necesitan para vivir. Grazas a eles o noso corpo obtén a materia que necesita para crecer e a enerxía que necesita para vivir e desenvolver as súas funcións.