Saltar navegación

Os Pesos

COLLER e TRANSPORTAR

MATERIAL PESADO

Nas clases de Educación Física e na nosa vida diaria, aparecen a miúdo situacións onde temos que levar materiais dun lugar para outro.

No caso da Educación Física témolo claramente no material móbil que utilizamos dentro do noso ximansio ou pavillón.

Trátase de material como bancos, colchonetas, partes do plinto, rodas, etc...

 

Columna Pesos
        Pencho Campos. Columna Pesos                (CC BY-NC-SA)



 

Como agacharse?

Para  coller os xoguetes do chan,transportar material,  xogar coa pelota, etc..hai que agacharse flexionando os xeonllos para que non sofra a zona lumbar, nunca flexionando o tronco cos xeonllos estirados.