Saltar navegación

A Cadeira

SENTA NA CADEIRA

Son moitas as horas que pasamos sentados ao longo do día, ben sexa no tempo que estamos na escola, ou fóra dela, ben para xantar, ver a tele, ler, estar diante do  ordenador, a tablet, a videoconsola, etc...

Non debemos esquecernos nunca de coidar a nosa columna xa que senón esta acabará dobrándose e deixando de ter a súa forma natural e pouco a pouco irémonos encorvando antes de tempo.

Así o noso lombo pode sufrir diferentes patoloxías:

     - Cifose (columna flexionada).

     - Escoliose (columna desviada cara un lateral).

     - Hiperlordose (columna en extensión lumbar).

 

 

Columna cadeira
P.C. Columna (CC BY-NC-SA)