Patios e coeducación
Ao longo desta guía vimos visualizando e comprendendo a importancia da coeducación, da inclusión, da equidade ou da diversificación dos espazos nos nosos centros. Neste último bloque achegarémonos aos patios igualitarios como paradigma e exemplo concreto, non tido en conta en moitas ocasións por non ser considerado un lugar de formación ou no que o profesorado deba intervir, salvo contadas ocasións.
Unha coidada mirada a estes espazos, amosaranos que son un dos lugares onde máis se reproducen e, polo tanto, se visibilizan, estereotipos e valores sociais sexistas. Así, decatarémonos de que si deben ser un espazo didáctico, onde o alumnado aprenderá a convivir, a organizarse… e que se requirirá da incorporación duns valores máis inclusivos para achegarnos a unha igualdade e inclusión efectivas.