Enigma: Os saúdos
Requisitos do completado
Supoñamos que nos reunimos un grupo de amigos.
Cantos saúdos se producen se todos e cada un dos amigos se saúdan?
Por suposto isto depende do número de amigos que acudan á reunión.
Cantos saúdos para 4 amigos? E para 5 amigos?
E a pregunta do millón: cantos saúdos se darán n persoas?
A seguinte animación xeométrica é unha boa pista para dar coa resposta.
Última modificación: mércores, 27 de xullo de 2016, 9:14 PM