Divisores
Requisitos do completado
Atopar os números que teñen unha cantidade impar de divisores.
Primeiro tanteamos o problema :
| Número | Divisores | Nº de divisores |
| 1 | 1 | 1 |
| 2 | 1,2 | 2 |
| 3 | 1,3 | 2 |
| 4 | 1,2,4 | 3 |
| 5 | 1,5 | 2 |
| 6 | 1,2,3,6 | 4 |
| 7 | 1,7 | 2 |
| 8 | 1,2,4,8 | 4 |
| 9 | 1,3,9 | 3 |
Observas algunha regularidade? Seguro que si. En efecto: só o 4 e o 9 dan unha cantidade impar de divisores.
Logo é hora de facer unha conxectura.
Agora tócache a ti.
Última modificación: mércores, 1 de xuño de 2016, 5:07 PM