A perspectiva de xénero na ECM
Estratexia europea para a igualdade de xénero
No marco da Unión Europea existe o compromiso de integrar a perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos de actuación. A Estratexia para a igualdade de xénero 2020-2025, publicada pola Comisión Europea (2020), articula o traballo da Comisión europea en materia de igualdade entre homes e mulleres e establece os obxectivos estratéxicos e as accións clave para o período 2020-2025. Asume o compromiso de acabar coas desigualdades, a violencia de xénero e a discriminación sexual a prol da igualdade de oportunidades e a liberdade de elección ó longo da vida.
A igualdade entre mulleres e homes preséntase como un valor central da Unión Europea, un dereito fundamental e un principio clave do pilar europeo de dereitos sociais, así como unha condición esencial dunha economía europea innovadora, competitiva e próspera. O impulso durante os cinco anos artéllase arredor dos seguintes ámbitos de actuación:

Accións igualitarias para o periodo 2020-2025. Gráfico elaborado por Elisa Moreira García e Rosa María González Iglesias
a partir de contido extraído do documento: Estratexia para a igualdade de xénero 2020-2025.