A perspectiva de xénero na ECM
A feminización da pobreza no mundo globalizado
O recorte xeneralizado de políticas sociais empuxa ás mulleres a asumir tarefas e traballos domésticos non remunerados. Trátase de actividades esenciais para a sociedade que son atribuídas ás mulleres debido ós estereotipos de xénero creados polo patriarcado, o que merma as súas posibilidades de acceso a traballos remunerados e á independencia económica. Sofren unha carga desproporcionada de coidados domésticos, responsabilidade que agrava a súa vulnerabilidade fronte á pobreza e afecta por igual a países desenvolvidos e en desenvolvemento que se agrava en contextos de baixos ingresos debido ó acceso limitado a servizos públicos e infraestruturas básicas. Estas cuestións foron recollidas no Estudo Mundial sobre o papel da muller no desenvolvemento (2019), publicado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas. O estudo analiza a pobreza económica e a pobreza de tempo. As mulleres adican unha grande cantidade de tempo a traballos non remunerados e tamén remunerados que ocasiona un deterioro do seu benestar físico e mental. Como consecuencia prodúcese un círculo vicioso difícil de romper:

Muller e pobreza. Gráfico elaborado por Elisa Moreira García e Rosa María González Iglesias a partir de contido extraído do documento:
Estudo Mundial sobre o papel da muller no desenvolvemento (2019).
A continuación expoñemos as conclusións do estudo en base a catro ámbitos de actuación centrados no reforzo e desenvolvemento, previa análise do xénero e das desigualdades, de sistemas de protección social, servizos públicos e infraestrutura básica:
Recurso creado por por Elisa Moreira García e Rosa María González Iglesias a partir de contido extraído do documento: Estudo Mundial sobre o papel da muller no desenvolvemento (2019).