Claves para contextualizar a Educación para a Cidadanía Mundial (ECM)
Requisitos do completado
Compromiso para o cambio de perspectiva
Abordar con éxito os novos retos relacionados coa competencia global, esixe unha axeitada organización das estruturas educativas nos centros, con profesorado comprometido na transformación orientada ao éxito competencial, que promova o traballo en equipo, a investigación, as técnicas de indagación, a participación e o pensamento crítico na aula.
Co apoio e o compromiso das direccións dos centros, das familias e de toda a comunidade educativa, alén dunha necesaria dotación de recursos que faciliten a creación de contornas de aprendizaxe eficaces, inclusivas e igualitarias, será posible emprender novas prácticas pedagóxicas baseadas en proxectos de traballo que sexan quen de interconectar as aulas co mundo.