UNIDADE DIDÁCTICA 1: ANTIGO RÉXIME E ILUSTRACIÓN
8. Un símbolo do absolutismo: Versalles
O inmenso pazo de Versalles vaise configurando ao longo do reinado de Luis XIV como o eixo da vida política francesa e auténtico símbolo do absolutismo. En Versalles, que está a uns 24 km. de París,
tiña a familia real un pequeno pazo de caza que Luís XIV converteu no pazo máis luxoso da Europa da súa época, símbolo da elegancia, o luxo e o refinamento. Alí decidiu fixar a súa corte, lonxe de París e das antigas residencias reais (coma o Louvre),
que se facían pequenas para albergar as 20000 persoas que chegaron a habitar en Versalles, entre nobres e servizo. E alí trasladou a alta nobreza para vixiala de cerca e evitar así calquera intento de rebelión que puidera xurdir, para o cal non escatimou
medios: os bailes, banquetes, representacións teatrais e festas que se prolongaban durante varios días eran famosos en toda Europa e mantiñan aos ociosos nobres entretidos e controlados, evitando conspiracións en contra do rei.
A arquitectura, a decoración e a propia liturxia da rutina levada a cabo diariamente en Versalles tiñan un só obxectivo: que ninguén esquecera quen era o Rei Sol e o abismo que separaba a este do común dos mortais. Do mesmo xeito que os planetas xiran arredor do Sol, Luís XIV estaba convencido de que toda a corte, e mesmo toda Francia, debía gravitar ao seu redor e non escatimou esforzos para conseguilo. Por este motivo, este monarca e o seu pazo son o símbolo máis logrado do absolutismo.

- A relevancia de Versalles foi tal que se emprega o concepto "Versalles español " para sinalar un edificio. ¿De cal se trata? ¿Quen e cando o mandou construír? ¿En que se parece ao Versalles francés?