Ir ao contido principal
AV espazoAbalar
  • Galego ‎(gl)‎
    Deutsch ‎(de)‎ English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)

HospiVital - a saúde e a enfermidade

  1. Inicio
  2. Cursos
  3. Cursos creados polo profesorado
  4. HospiVital - a saúde e a enfermidade
  5. Peche - Estación de traballo 8 - CASO CLÍNICO
  6. TAREFA PUNTUABLE - O corpo fala: escoitando as pis...

TAREFA PUNTUABLE - O corpo fala: escoitando as pistas dun caso clínico.

Requisitos do completado

Benvidos e benvidas , equipo médico do HospiVital.

Esta semana, seredes profesionais sanitarios en prácticas e teredes que axudar a diagnosticar un caso clínico.

Cada equipo recibirá un caso clínico simulado, baseado en síntomas, probas e situacións que poden acontecer na vida cotiá.

O voso obxectivo será obter un diagnóstico para a enfermidade, mediante a elaboración dun informe clínico. Ao rematar, será necesario preparar unha presentación dixital que vos axude a explicarlle ao resto de compañeiros e compañeiras o voso caso, nunha breve presentación oral. 

Recordade: ás veces as enfermidades comparten síntomas, e é importante afondar ben na investigación. Se é necesario, deberedes propoñer a realización de probas médicas adicionais, de forma xustificada. 

Na sección da "Sala de diagnóstico e probas clínicas" poderedes atopar algunha información que pode ser do voso interese como infografías sobre como interpretar análises de urina e sangue, tipos de probas médicas, medicamentos sintomáticos e específicos, etc. 

Que tedes que facer como equipo médico? 

  • Asignar roles: escoller á persoa representante do voso equipo médico. 
  • Ler atentamente o caso clínico asignado.
  • Observade os síntomas, signos, antecedentes, e posibles pistas.
  • Investigar cal pode ser a enfermidade.
  • Buscade información fiable en libros de texto, webs recomendadas ou fontes científicas sinxelas.
  • Cubrir o informe clínico (ver documento anexo).
  • Recordade firmar o voso informe clínico.
  • Preparar a infografía/ presentación dixital.
  • Elaborar un guión coa vosa presentación oral.
  • Presentar de forma oral o voso caso clínico, empregando a presentación dixital como apoio. 


Obxectivos desta actividade

  • Mellorar a comprensión lectora e científica.
  • Aprender a identificar signos e síntomas.
  • Fomentar o traballo en equipo e a comunicación oral.
  • Aplicar o coñecemento de bioloxía e saúde a situacións reais.
  • Mellorar a competencia dixital mediante o uso de ferramentas dixitais para procurar información e comunicar procesos, resultados e ideas científicas. 
  • Recoñecer e utilizar fontes de información científica fiable. 

 Avaliación da actividade

Esta tarefa será avaliada mediante unha rúbrica e pondera o 30% na nota correspondente a esta unidade didáctica. 

Na aula virtual e nos documentos anexos, poderás ver a rúbrica coa que se avaliará a actividade. 

Formato de entrega das evidencias da actividade. 

  • Un único arquivo para o informe clínico e outro para a presentación dixital. 
  • Entregar en formato pdf. 
  • A persoa que entregará as evidencias será aquela elixida como representante do voso equipo médico. 
  • Nomear o arquivo como ApelidosNome-Informe.pdf (Exemplo: GarciaGonzalezMatias-Informe.pdf)
  • Nomear o arquivo como ApelidosNome-Presentacion.pdf (Exemplo: GarciaGonzalezMatias-Presentacion.pdf)
  • Non é necesario entregar o guión da presentación oral, pero é recomendable preparar un para mellorar a vosa exposición oral. 

  • AVALIACIÓN-listaCotexoInformeClínico.pdf AVALIACIÓN-listaCotexoInformeClínico.pdf
    7 de maio de 2025, 11:27 AM
  • AVALIACIÓN-RúbricaExposiciónOraleInfografía.pdf AVALIACIÓN-RúbricaExposiciónOraleInfografía.pdf
    7 de maio de 2025, 11:27 AM
  • ODE8-GuíaParaBuscarInformaciónSobrePrevalencias.pdf ODE8-GuíaParaBuscarInformaciónSobrePrevalencias.pdf
    7 de maio de 2025, 11:27 AM
  • ODE8-PlantillaInformeClínico.pdf ODE8-PlantillaInformeClínico.pdf
    7 de maio de 2025, 11:27 AM
◄ Cuestionario. Síntoma ou signo? (12 preguntas)
Copia de seguridade para restaurar este curso ►

Bloques

Omitir Navegación

Navegación

  • Inicio

    • Páxinas do sitio

      • Os meus cursos

      • Etiquetas

    • Os meus cursos

    • Cursos

      • Cursos creados polo profesorado

        • Português no ensino secundário

        • A Clave da Árbore

        • HospiVital - a saúde e a enfermidade

          • Xeral

          • Guías e manuais de usuario

          • Presentación - Estación de traballo 1 - A saúde e ...

          • Estación de traballo 2 -MICROBIOLOXÍA

          • Estación de traballo 3 - EPIDEMIOLOXÍA

          • Estación de traballo 4 - INMUNOLOXÍA 1

          • Estación de traballo 5 - INMUNOLOXÍA 2

          • Estación de traballo 6 - COMUNICACIÓN INTERNA E EX...

          • Estación de traballo 7 - ANÁLISE CLÍNICA

          • Peche - Estación de traballo 8 - CASO CLÍNICO

            • eXeLearning (SCORM)Estación de traballo 8 - CASO CLÍNICO

            • ForoForo de dúbidas da estación de traballo: CASO CLÍNICO

            • Contido InteractivoCuestionario. Síntoma ou signo? (12 preguntas)

            • TarefaTAREFA PUNTUABLE - O corpo fala: escoitando as pis...

              • Cualificando Entregas

          • Autoavaliación final

        • Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria

        • Botar a lingua a pracer 2ª parte

        • Curso semipresencial de Italiano B.2.1

        • Que pasou onte no meu mundo?

        • TE1_BC4_Sistemas eléctricos e electrónicos

        • Asseconia, el pasado clásico de Santiago de Compos...

        • Os sons da historia

        • A nosa partiteka

      • Miscellaneous

      • Innovación educativa

      • Aulas virtuais achegadas polo profesorado

Supplementary blocks

Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
3eso-BX-LicenciaFormacion
  • Galego ‎(gl)‎
    • Deutsch ‎(de)‎
    • English ‎(en)‎
    • Español - Internacional ‎(es)‎
    • Français ‎(fr)‎
    • Galego ‎(gl)‎
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil