Salta al contenido principal
AV espazoAbalar
  • Español - Internacional ‎(es)‎
    Deutsch ‎(de)‎ English ‎(en)‎ Español - Internacional ‎(es)‎ Français ‎(fr)‎ Galego ‎(gl)‎
En este momento está usando el acceso para invitados (Acceder)

HospiVital - a saúde e a enfermidade

  1. Página Principal
  2. Cursos
  3. Cursos creados polo profesorado
  4. HospiVital - a saúde e a enfermidade
  5. Estación de traballo 6 - COMUNICACIÓN INTERNA E EX...
  6. TAREFA PUNTUABLE - Aumento de enfermidades nos ado...

TAREFA PUNTUABLE - Aumento de enfermidades nos adolescentes

Requisitos de finalización

Actividade: A saúde nos adolescentes. 

Introdución da tarefa: Os medios de comunicación informan do aumento de enfermidades nos adolescentes.

No xornal  aparece a seguinte noticia: 

Transcrición de texto a audio
ODE6audio.mp3
Imaxe da noticia no xornal

Actividades e tarefas para resolver: 

Actividade 1. Localiza na noticia do xornal a seguinte información:

  • Que factores están a contribuír ao aumento do sobrepeso e a obesidade entre os adolescentes en España?
  • Segundo a Sociedade Española de Epidemioloxía, cal é a tendencia actual respecto ás infeccións de transmisión sexual (ITS) entre os mozos?
  • Que recomendacións fan os profesionais da saúde para mellorar os hábitos alimentarios e de actividade física dos adolescentes?
  • Que problemas de saúde poden desenvolver os adolescentes que non usan preservativo nas súas relacións sexuais?
  • Que papel desempeñan os profesionais da saúde e a educación na prevención de problemas de saúde entre os adolescentes?

 Actividade 2. O metabolismo basal é a cantidade de enerxía que o noso corpo precisa para realizar as funcións vitais básicas, como respirar, manter a temperatura corporal ou facer funcionar o corazón, cando estamos en repouso absoluto. Depende de factores como a idade, o sexo, o peso e a actividade física.

Imos realizar un cálculo do metabolismo basal. Para iso, cada un de vós debe elixir un perfil dun adolescente, tendo en conta as características persoais de idade, sexo e actividade física. A partir diso, poderedes calcular o seu metabolismo basal e ver como varía dependendo destes factores.

imaxe de Laura

imaxe marcos

imaxe Sara
Laura é unha rapaza de 14 anos, 55 kg de peso e 160 cm de altura. A súa actividade física é moderada, xa que practica natación 2 veces á semana.  Marcos é un mozo de 15 anos e 175 cm de altura, con 68 kg de peso. A súa actividade física é baixa, pois pasa tempo practicando videoxogos.  Sara é unha rapaza de 13 anos  e 48 kg de peso, con 155 cm de altura. A súa actividade física é alta, pois xoga ao baloncesto e pasea en bici de forma diaria. 

-

Para calcular o metabolismo basal, ou enerxía mínima necesaria, utilizaredes a  fórmula de Harris-Benedict, adaptada para adolescentes:

Rapaces:
MB=66+(13,7×peso(kg))+(5×altura(cm))−(6,8×idade(anos))MB=66+(13,7×peso(kg))+(5×altura(cm))−(6,8×idade(anos))

Rapazas:
MB=655+(9,6×peso(kg))+(1,8×altura(cm))−(4,7×idade(anos))MB=655+(9,6×peso(kg))+(1,8×altura(cm))−(4,7×idade(anos))

Actividade 3. Para coñecer de forma aproximada as cantidade de enerxía diaria que precisa un adolescente, é necesario aplicarlle un factor ao cálculo do metabolismo basal. Desta forma, a enerxía necesaria multiplícase por 1,4 (pouca actividade física), 1,6 (actividade moderada) ou 1,8 (moita actividade). Calcula o valor da enerxía necesaria para o teu perfil de adolescente escollido.  

Actividade 4. Observa o seguinte menú diario, que podería tomar calquera dos adolescentes. 

  • Almorzo: 250 mL de leite enteiro (150 kcal) e un bocadillo de queixo (300 kcal)
  • Recreo: 4 unidades de galletas recheas (200 kcal en total)
  • Xantar: 1 prato de macarróns con carne (600 kcal) e unha mazá (80 kcal)
  • Merenda: 330 mL de refresco azucrado (140 kcal) e unha pizza pequena (700 kcal) 
  • Cea: 1 bocadillo de xamón cocido e queixo (300 kcal) e un iogur azucrado (120 kcal)

Calcula a enerxía total que consume no seu día. 

En que momento do día consume máis calorías? 

Hai comidas lixeiras e outras moi pesadas? Está equilibrado? 

Actividade 5. O menú cobre as súas necesidades ou excede o necesario?
Se sobran calorías, que pode pasar se isto ocorre todos os días?
Como mellorar a distribución de calorías ao longo do día? 

Actividade 6. Analiza a calidade dos alimentos que inxiren, respondendo ás seguintes cuestións:

  • Cantos alimentos naturais (froitas, verduras, proteínas magras) hai?
  • Hai exceso de alimentos procesados (refrescos, galletas, pizza, etc)?
  • Se tiveras que adaptar o menú dese día para que fora máis saudable, que cambiarías? 
  • Se tiveras que adaptar este menú para que fora máis saudable, que cambiarías?
  • Como poderías reducir a inxesta de azucres ou graxas saturadas?

Actividade 7. Se pensas na noticia sobre ITS, por que cres que é importante falar de saúde sexual cando falamos de coidar o corpo?

Actividade 8. Que consellos darias a adolescentes da túa idade para mellorar a súa saúde integral (alimentación, actividade, relacións)?

Avaliación da actividade. 

  • Interpretación correcta dos datos.
  • Organización adecuada dos datos e información.
  • Claridade e precisión das respostas.
  • Propostas razoables de prevención e tratamento.

Esta tarefa será avaliada mediante unha lista de cotexo e pondera o 30% na nota correspondente a esta unidade didáctica. 

Na aula virtual, na sección corresponte á entrega da tarefa, poderás ver a lista de cotexo coa que se avaliará a actividade. 

Formato de entrega da actividade. 

  • Un único arquivo. 
  • Entregar en formato pdf. 
  • Nomear o arquivo como ApelidosNome-SaudeAdolescentes.pdf (Exemplo: GarciaGonzalezMatias-Saudeadolescentes.pdf)
  • ODE6ListaCotexo.pdf ODE6ListaCotexo.pdf
    7 de mayo de 2025, 11:27
◄ Serpes e Escaleiras
Estación de traballo 7 - ANÁLISE CLÍNICA ►

Bloques

Salta Navegación

Navegación

  • Página Principal

    • Páginas del sitio

      • Mis cursos

      • Marcas

    • Mis cursos

    • Cursos

      • Cursos creados polo profesorado

        • Português no ensino secundário

        • A Clave da Árbore

        • HospiVital - a saúde e a enfermidade

          • Xeral

          • Guías e manuais de usuario

          • Presentación - Estación de traballo 1 - A saúde e ...

          • Estación de traballo 2 -MICROBIOLOXÍA

          • Estación de traballo 3 - EPIDEMIOLOXÍA

          • Estación de traballo 4 - INMUNOLOXÍA 1

          • Estación de traballo 5 - INMUNOLOXÍA 2

          • Estación de traballo 6 - COMUNICACIÓN INTERNA E EX...

            • eXeLearning (SCORM)Estación de traballo 6 - COMUNICACIÓN INTERNA E EX...

            • ForoForo de dúbidas da estación de traballo: COMUNICAC...

            • GlosarioGlosario COMUNICACIÓN INTERNA E EXTERNA

            • JuegoSerpes e Escaleiras

            • TareaTAREFA PUNTUABLE - Aumento de enfermidades nos ado...

              • Calificando Entregas

          • Estación de traballo 7 - ANÁLISE CLÍNICA

          • Peche - Estación de traballo 8 - CASO CLÍNICO

          • Autoavaliación final

        • Ciencias Naturais 2º de Ed. Primaria

        • Botar a lingua a pracer 2ª parte

        • Curso semipresencial de Italiano B.2.1

        • Que pasou onte no meu mundo?

        • TE1_BC4_Sistemas eléctricos e electrónicos

        • Asseconia, el pasado clásico de Santiago de Compos...

        • Os sons da historia

        • A nosa partiteka

      • Miscellaneous

      • Innovación educativa

      • Aulas virtuais achegadas polo profesorado

Supplementary blocks

En este momento está usando el acceso para invitados (Acceder)
3eso-BX-LicenciaFormacion
  • Español - Internacional ‎(es)‎
    • Deutsch ‎(de)‎
    • English ‎(en)‎
    • Español - Internacional ‎(es)‎
    • Français ‎(fr)‎
    • Galego ‎(gl)‎
Resumen de retención de datos
Políticas
Descargar la app para dispositivos móviles