TAREFA PUNTUABLE - Aumento de enfermidades nos adolescentes
Actividade: A saúde nos adolescentes.
Introdución da tarefa: Os medios de comunicación informan do aumento de enfermidades nos adolescentes.
No xornal aparece a seguinte noticia:

Actividades e tarefas para resolver:
Actividade 1. Localiza na noticia do xornal a seguinte información:
- Que factores están a contribuír ao aumento do sobrepeso e a obesidade entre os adolescentes en España?
- Segundo a Sociedade Española de Epidemioloxía, cal é a tendencia actual respecto ás infeccións de transmisión sexual (ITS) entre os mozos?
- Que recomendacións fan os profesionais da saúde para mellorar os hábitos alimentarios e de actividade física dos adolescentes?
- Que problemas de saúde poden desenvolver os adolescentes que non usan preservativo nas súas relacións sexuais?
- Que papel desempeñan os profesionais da saúde e a educación na prevención de problemas de saúde entre os adolescentes?
Actividade 2. O metabolismo basal é a cantidade de enerxía que o noso corpo precisa para realizar as funcións vitais básicas, como respirar, manter a temperatura corporal ou facer funcionar o corazón, cando estamos en repouso absoluto. Depende de factores como a idade, o sexo, o peso e a actividade física.
Imos realizar un cálculo do metabolismo basal. Para iso, cada un de vós debe elixir un perfil dun adolescente, tendo en conta as características persoais de idade, sexo e actividade física. A partir diso, poderedes calcular o seu metabolismo basal e ver como varía dependendo destes factores.
Laura é unha rapaza de 14 anos, 55 kg de peso e 160 cm de altura. A súa actividade física é moderada, xa que practica natación 2 veces á semana. Marcos é un mozo de 15 anos e 175 cm de altura, con 68 kg de peso. A súa actividade física é baixa, pois pasa tempo practicando videoxogos. Sara é unha rapaza de 13 anos e 48 kg de peso, con 155 cm de altura. A súa actividade física é alta, pois xoga ao baloncesto e pasea en bici de forma diaria. -
Para calcular o metabolismo basal, ou enerxía mínima necesaria, utilizaredes a fórmula de Harris-Benedict, adaptada para adolescentes:
Rapaces:
Rapazas:
Actividade 3. Para coñecer de forma aproximada as cantidade de enerxía diaria que precisa un adolescente, é necesario aplicarlle un factor ao cálculo do metabolismo basal. Desta forma, a enerxía necesaria multiplícase por 1,4 (pouca actividade física), 1,6 (actividade moderada) ou 1,8 (moita actividade). Calcula o valor da enerxía necesaria para o teu perfil de adolescente escollido.
Actividade 4. Observa o seguinte menú diario, que podería tomar calquera dos adolescentes.
- Almorzo: 250 mL de leite enteiro (150 kcal) e un bocadillo de queixo (300 kcal)
- Recreo: 4 unidades de galletas recheas (200 kcal en total)
- Xantar: 1 prato de macarróns con carne (600 kcal) e unha mazá (80 kcal)
- Merenda: 330 mL de refresco azucrado (140 kcal) e unha pizza pequena (700 kcal)
- Cea: 1 bocadillo de xamón cocido e queixo (300 kcal) e un iogur azucrado (120 kcal)
Calcula a enerxía total que consume no seu día.
En que momento do día consume máis calorías?
Hai comidas lixeiras e outras moi pesadas? Está equilibrado?
Actividade 5. O menú cobre as súas necesidades ou excede o necesario?
Se sobran calorías, que pode pasar se isto ocorre todos os días?
Como mellorar a distribución de calorías ao longo do día?Actividade 6. Analiza a calidade dos alimentos que inxiren, respondendo ás seguintes cuestións:
- Cantos alimentos naturais (froitas, verduras, proteínas magras) hai?
- Hai exceso de alimentos procesados (refrescos, galletas, pizza, etc)?
- Se tiveras que adaptar o menú dese día para que fora máis saudable, que cambiarías?
- Se tiveras que adaptar este menú para que fora máis saudable, que cambiarías?
- Como poderías reducir a inxesta de azucres ou graxas saturadas?
Actividade 7. Se pensas na noticia sobre ITS, por que cres que é importante falar de saúde sexual cando falamos de coidar o corpo?
Actividade 8. Que consellos darias a adolescentes da túa idade para mellorar a súa saúde integral (alimentación, actividade, relacións)?
Avaliación da actividade.
- Interpretación correcta dos datos.
- Organización adecuada dos datos e información.
- Claridade e precisión das respostas.
- Propostas razoables de prevención e tratamento.
Esta tarefa será avaliada mediante unha lista de cotexo e pondera o 30% na nota correspondente a esta unidade didáctica.
Na aula virtual, na sección corresponte á entrega da tarefa, poderás ver a lista de cotexo coa que se avaliará a actividade.
Formato de entrega da actividade.
- Un único arquivo.
- Entregar en formato pdf.
- Nomear o arquivo como ApelidosNome-SaudeAdolescentes.pdf (Exemplo: GarciaGonzalezMatias-Saudeadolescentes.pdf)
Cualificando Entregas
ANÁLISE DA INFORMACIÓN NO TEXTO. LOCALIZACIÓN Resposta correcta e completa a cada pregunta, baseándose na información extraída da noticia. 1 |
ANÁLISE DA INFORMACIÓN NO TEXTO-. EXPRESIÓN. Claridade e coherencia na exposición das respostas. Cada punto debe ser exposto de forma ordenada e comprensible. 0.5 |
CÁLCULO DO METABOLISMO BASAL Aplicación correcta da fórmula de Harris-Benedict para calcular o metabolismo basal segundo os perfís de Laura, Marcos e Sara. 1 |
CÁLCULO DO METABOLISMO BASAL. PROCEDEMENTO. Explicación clara do proceso de cálculo e da importancia dos factores como idade, sexo e actividade física. 1 |
ENERXÍA NECESARIA. CÁLCULO. Cálculo correcto da enerxía total consumida no día. 0.5 |
ENERXÍA NECESARIA. REFLEXIÓN. Identificación do momento do día no que se consumen máis calorías. 0.5 |
ENERXÍA NECESARIA. DISTRIBUCIÓN. Reflexión sobre a distribución das calorías ao longo do día e se o menú está equilibrado, identificando comidas lixeiras e pesadas. 0.5 |
AVALIACIÓN DAS NECESIDADES. Análise do menú para determinar se cobre ou excede as necesidades enerxéticas. 0.5 |
AVALIACIÓN DAS NECESIDADES. XUSTIFICACIÓN. Resposta ben argumentada sobre as consecuencias de consumir calorías en exceso e posibles melloras na distribución das calorías durante o día. 0.5 |
ANÁLISE DA CALIDADE. IDENTIFICAR. Avaliar a calidade dos alimentos, identificando alimentos naturais e procesados. 0.5 |
ANÁLISE DA CALIDADE. PROPOSTAS. Proposta clara e xustificada para mellorar o menú, reducindo azucres ou graxas saturadas. 0.5 |
SAÚDE SEXUAL. REFLEXIÓN. Reflexión sobre por que é importante falar de saúde sexual cando falamos de coidar o corpo, en especial no contexto da adolescencia. 0.5 |
SAÚDE SEXUAL. MITOS E CRENZAS. Identificación de factores que influencian a saúde sexual, como a educación sexual, os mitos e as crenzas sociais. 0.5 |
SAÚDE SEXUAL. PROPOSTAS. Proposta de accións ou recursos para mellorar a educación sobre saúde sexual entre os adolescentes (exemplo: programas de concienciación, fomento do uso de protección, etc.). 0.5 |
CONSELLOS. PROPOSTAS. Proposta de consellos prácticos e realistas para mellorar a alimentación e a actividade física dos adolescentes. 0.5 |
CONSELLOS. PROPOSTAS RELACIÓNS INTERPERSOAIS. Consellos relacionados coas relacións interpersoais, en especial a saúde emocional e a importancia das relacións sás durante a adolescencia. 0.5 |
CONSELLOS. REFLEXIÓN Reflexión sobre a importancia de manter un equilibrio entre a saúde física, emocional e social, e a súa relación coa saúde integral. 0.5 |


