Section outline

  • b05

    A nosa cultura popular é moi diversa e rica de cara a creación e transmisión de letras, que se conservan como pingas poéticas da sabiduría colectiva en diversos cancioneiros que conforman un interesante mapa sonoro de Galiza. Entre estes cancioneiros podemos atopar, entre outros, o interesante traballo realizado por Dorothé Shubarth e Antón Santamarina no Cancioneiro Popular Galego.

    Agora ben, no panorama musical galego actual existe moita música con letra de autoría que merece ser tratada como un espazo poético contemporáneo que pode aportar moita riqueza ás aulas.

    Así pois, nesta sección asubiaremos letras populares e letras actuais para tentar achegarvos  un repositorio poético co que poder gozar dende unha visión inclusiva.

    A maiores, tamén aprenderemos a lexendar videoclips.

    • eti infor     eti acti    p      eti val