Section outline

  • banner

    Benvidas e benvidos Ao Son Da Nosa Música.

    Un proxecto colaborativo e expansivo que ten como obxectivo a creación e desenvolvemento dun proceso innovador de participación da Comunidade Educativa no coñecemento, valoración e difusión da música en galego entre a xuventude como ferramenta impulsora de dinamización lingüística, social e cultural.  

    A motivación deste proxecto está baseada nunha análise realizada no presente curso sobre os hábitos musicais do alumnado galego, da que se desprende un alarmante grao de descoñecemento da música en lingua galega. Ao mesmo tempo, partindo tamén dunha serie de entrevistas previas con artistas galegas e galegos, chegamos á conclusión de que é preciso tecer pontes reais entre o mundo artístico e o educativo. (ArtEscola)

    Por isto consideramos tan importante crear recursos didácticos dixitais e propostas metodolóxicas activas para implementar na aula dun xeito transversal, coa Arte como ferramenta facilitadora (STEAM).

    Máis de 1.000 enquisas realizadas en 24 centros educativos, 20 videos interactivos con artistas e divulgadoras, 6 secuencias didácticas con cadanseu proxecto de investigación (ABP), 2 programas de radio , 2 sintonías propias, vídeo-titoriais, infografías ...


    Achegádevos ás nosas-vosas redes, se vos presta, para asubiar con nós e saber máis do proxecto. 
    Comeza as actividades desta AV premendo o botón de Guía-T para coñecer como se organizan.