Matrícula curso 2026-2027

Matrícula curso 2026-2027

por Admin Centro -
Number of replies: 0

Hoxe comeza a matrícula do curso 2026-2027 para todo o alumnado matriculado no curso 2025-2026 que non presentase renuncia a este curso e que continue estudando o mesmo idioma a partir de setembro.

  • O alumnado que superase as probas na convocatoria ordinaria pode matricularse do  08 de xuño ao 19 de xuño. 
  • O resto do alumnado oficial deste curso poderá matricularse do 26 de xuño ao 06 de xullo. (Alumnado apto, non apto ou non presentado na convocatoria extraordinaria)

Toda a información relativa a este procedemento de matrícula pódese atopar na nosa web nesta ligazón.

Tamén abre hoxe a matrícula para os cursos monográficos do 2026-2027. Máis información nesta ligazón.

Saúdos e bo verán!