-
MULLERES ILUSTRES NA EOI FERROL
No ano 2015, co gallo do 25 aniversario da EOI Ferrol, o equipo directivo da escola decidiu darlle visibilidade a varias mulleres ilustres que destacaron en ámbitos como a ciencia, a tecnoloxía, a educación, a arte ou a loita obreira, entre outros. Moitas delas foron pioneiras no seu campo, e mesmo grandes inventoras, como foi o caso de Ángela Ruiz Robles, a muller elixida para darlle nome á nosa escola de maneira honorífica. As aulas, o salón de actos, a biblioteca e o laboratorio tamén foron nomeados en honor dalgunha muller célebre, como se pode ver reflectido nas placas conmemorativas á entrada de cada un destes espazos. A selección das mulleres representadas foi realizada pola comunidade educativa, que tivo en conta a relevancia da labor feita pola muller en cuestión, e que esta falase algunha das linguas de estudo da nosa escola.
No curso 23-24, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, coa axuda de toda a comunidade educativa, achegou a estas placas un código QR que explicase brevemente quen foi cada unha destas mulleres. Podedes acceder ás súas biografías escaneando os diferentes códigos QR que atoparedes na escola. Todos os textos, escritos en galego e nunha das linguas faladas pola muller elixida, van acompañados dun arquivo de audio.
Moitas grazas a todas as persoas que nos axudastes a levar a cabo este proxecto, e a Luisa e Carmen, netas de Ángela Ruiz Robles, por achegarse ao acto de inauguración dos códigos QR e contarnos anécdotas curiosas da súa insigne avoa!
Mulleres ilustres na EOI Ferrol
Click if page fails to load
Introdución
-
Ángela Ruiz Robles
-
Alda Neves da Graça do Espírito Santo
-
Alice Ann Munro
-
Amada García Rodríguez
-
Amalia Fraguela
-
Ángeles Alvariño González
-
Antonia Alarcón
-
Coco Chanel
-
Concepción Arenal
-
María Barbeito
-
María Castaña
-
Maria da Fonte
-
Maria Montessori
-
María Vázquez Suárez
-
Marie Curie
-
Marlene Dietrich
-
Pepa a Loba
-
Rita Levi-Montalcini
-
Rosa Aneiros Díaz
-
Rosa Parks
-
Rosalía de Castro
-
Sofía Casanova
-
Sophie Scholl
-
Urania Mella Serrano