• Urania Mella Serrano

    • URANIA MELLA SERRANO (Vigo, 1899 – Lugo, 1945)

      Urania, filla do intelectual Ricardo Mella, naceu no seo dunha familia laica, anarquista e progresista. Foi unha muller cunha boa formación académica que se converteu en profesora de piano. Aprendeulle a ler e a escribir a mulleres analfabetas.

      Urania casou con Humberto Solleiro Rivera, co que tivo catro fillos aos que inculcaron os seus ideais.

      Despois do golpe de estado de 1936, Urania e Humberto foron perseguidos pola ditadura fascista ata ser arrestados e condenados a pena de morte. O seu home foi asesinado e Urania pasou 12 anos no cárcere.

      Logo de saír de prisión, Urania foi vivir a Lugo cun dos seus fillos, onde morreu aos 45 anos debido a un tumor cerebral, tan só dous meses despois de ser posta en liberdade.  


       Audio