• Concepción Arenal


    • Licenza da ilustración: Wikimedia Commons, PDM 1.0 DEED

      CONCEPCIÓN ARENAL (Ferrol, 1820 – Vigo, 1893) 

      Concepción Arenal naceu en Ferrol no século XIX. Foi recoñecida polas súas actividades e ideas revolucionarias feministas coas que defendeu a igualdade de xénero.

      A pesar de estar vetado para as mulleres, conseguiu estudar dereito disfrazándose de home.

      Como a gran revolucionaria que era, dedicouse á defensa dos dereitos humanos visitando cárceres, manicomios e detendo penas de execución.

      O seu traballo social, literario e filantrópico é considerado moi importante porque deixou unha pegada perdurable na historia contemporánea.

      Foi enterrada en Vigo e no seu epitafio figura o lema que a acompañou durante toda a súa vida: “Á virtude, a unha vida, á ciencia”.

       Audio