Saltar navegación

Ver / Ocultar iDevices

Xa vimos cales son os bloques de contidos (iDevices) que aparecen no panel correspondente. Con todo, temos a opción de modificar esta listaxe de iDevices: podemos ocultar algún deles ou mostrar outros que aparecen ocultos por defecto. 

Para iso, teremos que seguir os seguintes pasos:

  1. Activamos o Modo avanzado. Veremos que no panel de iDevices aparece unha nova opción de iDevices dispoñibles.
  2. Prememos en iDevices dispoñibles. Aparecerán todos os iDevices instalados, así como a categoría á que pertencen e se están visibles ou non neste momento.
  3. Marcamos aqueles que queremos que aparezan visibles e desmarcamos os que queiramos ocultar.
  4. Prememos en Gardar iDevices.
  5. Comprobamos que os cambios se realizaron correctamente no panel de iDevices.

iDevices dispoñibles

Feito con eXeLearning (Nova xanela)