Saltar navegación

Erros típicos

Algúns dos erros típicos na creación de materiais relacionados coas funcionalidades anteriores son:

  • Tentar eliminar un estilo cando o temos seleccionado. Deben seleccionar outro estilo para poder eliminar o primeiro.
  • Tentar instalar un estilo descomprimindo o ficheiro .zip. Debemos seleccionar o ficheiro .zip para instalalo.
  • Non habilitar a aparición de xanelas emerxentes para utilizar a ferramenta de creación de estilos. A ferramenta de creación ábrese nunha xanela emerxente que o navegador pode bloquear. É necesario permitir abrir esta xanela para poder utilizalo.

habilitar xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)