CHARLA DE CRISTINA PALACIOS DA FUNDACIÓN ARELAS
Requisitos do completado
A finais de outubro tivemos a sorte de contar con Cristina Palacios, presidenta de Arelas, unha asociación que traballa no acompañamento dos menores transexuais e que nos falou de diversidade LGTBI, ademais de aclararnos conceptos como identidade sexual, transexualidade, intersexualidade, pansexual, etc. tamén nos fixo pensar sobre a necesidade dunha sociedade diversa, no que a diferencia non sexa motivo de exclusión senón de enriquecemento. Fíxonos pensar no poder que temos ante o acoso escolar, poñéndonos na pel da vítima e illando aos acosadores e acosadoras. Reflexionar sobre estos aspectos é fundamental para a creación dunha sociedade máis valiosa, diversa e inclusiva.
Última modificación: mércores, 18 de marzo de 2020, 10:57 PM