Section outline

  • Como culminación ao traballo realizado durante o curso acerca das mulleres científicas, enfocado a decorar o II Congreso Científico da Montaña no que o alumnado do centro presenta os seus proxectos de investigación, realizamos un pequeno vídeo de presentación do que traballamos. A intención inicial era que as nosas creacións decorasen fisicamente o escenario do Congreso, pero ante a situación xerada pola COVID-19, tivemos que adaptar o escenario, que se convertiu en virtual, e o espazo do que fixemos uso tamén foi a rede, creando este pequeno vídeo-resumo no que pretendemos visualizar o traballo das mulleres na ciencia ao longo da historia: