Exemplo de ARQUIVO
Na AV pódese colgar todo tipo de arquivos: apuntamentos, boletíns de exercicios, esquemas de teoría, plantillas de actividades…
Todos estes arquivos poden consultarse en liña, descargarse ou imprimirse segundo para que sexan necesarios.
A icona que aparece á esquerda do título non sempre é a mesma, depende do tipo de arquivo. No caso actual trátase dunha fotografía. Ao final do bloque tes un par de arquivos con explicacións e podes comprobar que a icona é distinta segundo se trate de fotografías ou documentos de texto de varios tipos.
Nalgúns casos o arquivo aparecerá incrustado, coma o actual, para que podas vero al clicar no enlace ou abrirase na propia xanela na que estás. Noutros casos será de descarga forzada; o que quere dicir que se descargará ao clicar no enlace. Se se trata de apuntamentos ou boletíns sempre será convinte descargalos, para poder traballar ou estudar aínda que non teñas conexión á internet.
