Exemplo de PÁXINA
En moitas ocasións deberás entregar as túas tarefas en formato .pdf. De feito, é o máis recomendable se non che indican outra cousa.
En moitos casos o arquivo a entregar é unha captura de pantalla ou outra imaxe, polo que se trata dun arquivo .jpeg ou .png. Vexamos como transformalo en .pdf para a entrega.
Segue os seguintes pasos:
1a. Para facer unha captura de imaxe podes presionar a tecla "Impr Pt" ou "Impr Pant" do teu ordenador.
1b. Outra opción é ir ao "Menú de Aplicativos" e na sección "Accesorios" buscar e clicar en "Captura de pantalla". Abrirase o seguinte siguiente menú:
2. Marca a opción "Seleccionar unha zona" e clica en "Aceptar".
3. A pantalla escurecerase. Co rato selecciona a zona onde está a información que queres entregar. Isto permite que o documento pese menos que se capturas toda a pantalla e que presentes mellor o traballo.
4. Despois de soltar o rato abrirase a seguinte xanela:
5. Selecciona a opción "Abrir con:" e escolle o programa "Shutter" no despregable, tal como se ve na imaxe. Acepta.
6. Abrirase a imaxe que acabas de capturar no programa Shutter e só terás que exportarla.
7. Vai ao menú "Ficheiro" ou "Archivo" e selecciona a opción "Exportar a PDF..."
8. Escolle o nome que lle porás, por exemplo "Actividad x de Nome", ye gárdaa no teu cartafol da materia.
9. Xa está lista para entregar.
No caso de que xa teñas a captura feita e gardada ou se trate doutra imaxe só tes que abrila con Shutter e proceder desde o paso 7.