Na Aula Virtual non hai espazo infinito. Por iso, o tamaño de cada ficheiro que podemos cargar ten o límite de 10 Mb (10 megas).

Parece pouco, pero máis que suficiente para documentos de texto en formato .ODT, DOC, ODS, XLS,ODP, PPT, etc...

Tamén podemos mandar documentos en formato PDF con bastantes páxinas... E imaxes en distintos formatos (JPG,PNG) con calidade suficiente para que poidan ser vistas e corrixidas.

O problema...

Ás veces o documento que queremos entregar é moi grande e pesa máis de 1Mb que é o límite máximo da Aula Virtual.

Para poder envialo, fai o seguinte:

Imaxes

  • Configura a cámara do móbil ou a cámara de fotos para sacar as fotos a unha resolución e tamaño entre 3 e 5 megapixels.
  • Vai ás opcións de configuración da cámara e selecciona a resolución axeitada antes de sacar a foto. Se además ten opción de calidade da imaxe escolle Normal ou Media.

  • Tamén podes abrir a imaxe antes de mandala nun editor de imaxes como GIMP ou ou equivalente e buscar a opción para reducila de tamaño. En GIMP podes facelo dende o menú en Imaxe --> Escalar imaxe. Unha anchura de 1400px para un tamaño A4 vertical é suficiente. Cando a teñas escalada dalle no menú do programa a Exportar (no GIMP) ou Gardar (noutros programas).

g

Nas opcións para gardar a imaxe pon a calidade ou compresión en 85.

 e2

Documentos PDF

Os documentos PDF poden dar problemas cando teñen moitas páxinas ou teñen imaxes.

Para solucionalos terás que ter en conta o seguinte:

  • No caso de poñer imaxes nun documento, trata de reducir antes o seu tamaño sen que chegue a pixelar.  Como norma xeral para poñer imaxes nun A4 vertical ente 400 e 1400 pixels de ancho. (Dependendo do tamaño da imaxe dentro da folla)
  • Cando gardes ou exportes o PDF, busca nas opcións antes de gardalo:
    • Que as imaxes vaian comprimidas ao 85%.
    • Que a calidade do PDF sexa de 75ppp (para ver en pantalla)

Fíxate nesta imaxe de exemplo exportando un documento a PDF dende o programa Libreoffice:

pdf

Outros documentos (ODT, DOC, ODP, PPT, etc)

Redimensiona as imaxes antes de poñelas no documento tal e como explicamos no apartado das imaxes.

Esperamos que estes consellos sexan da vosa axuda.

.

Última modificación: martes, 19 de maio de 2020, 1:01 PM