Cómo mandar as tarefas na Aula Virtual
Requisitos do completado
Ten en conta que se xa tes mandadu unha tarefa o sistema, por defecto, non vai deixar enviar de novo.
Tense dado algún caso de ter enviado por equivocación unha tarefa que non correspondía coa data e traballo a realizar e ao querer enviar de novo non deixa.
Se non aparece o botón para mandar a tarefa pode ser que teñas xa enviado algo por engano ou que non estás matriculado no curso (cando o botón non aparece en ningunha tarefa e mesmo non podes entrar nelas). Consulta ao profesor da materia.
Para entregar unha tarefa na Aula Virtual terás que enviar o documento, ou ficheiro que teñas feito na casa desa tarefa.
Para elo completa estes pasos:
- Busca a icona da man cun documento dentro da materia e da tarefa que queres entregar.

- Dálle en Engadir entrega cando vexas o que aparece na imaxe:

- No seguinte paso tes 2 opcións_
- Arrastrar e soltar o ficheiro na frecha e darlle a Gardar os cambios .

- Ou dálle á icona da parte superior esquerda .
- Verás o seguinte:

- Dálle a Browse , escolle o ficheiro no teu computador e dálle a Enviar …
- Cando remate de cargar preme en Gardar os cambios
- Verás o seguinte:
- Arrastrar e soltar o ficheiro na frecha e darlle a Gardar os cambios .
Como podes ver o proceso é moi sinxelo!
Última modificación: domingo, 4 de outubro de 2020, 7:01 PM