O pasado venres 6 de marzo, o alumnado de 1º, 5º e 6º de Educación Primaria vivimos unha intensa e divertida xornada de aprendizaxe interactiva ao viaxar á Coruña para visitar os seus emblemáticos Museos Científicos Coruñeses. Foi unha saída fantástica na que compartimos experiencias adaptadas ás diferentes idades.
Comezamos a mañá na Domus (Casa do Home), o primeiro museo interactivo do mundo dedicado integramente ao ser humano. A continuación, dirixímonos cara á Casa dos Peixes para mergullarnos no mundo mariño. Para rematar o día pola tarde, visitamos a Casa das Ciencias. O broche de ouro da excursión tivo lugar no Planetario, onde grazas a unha proxección inmersiva viaxamos a través do espazo profundo.



