Ir o contido principal
Inicio
CPI dos Dices

Navegación principal

  • Inicio
User account menu
  • Blogs
  • Iniciar sesión
  • O Centro
    • Documentos do Centro
    • Novas
    • Datos do centro
      • Localización e contacto
      • Horario
      • Instalacións
    • Organigrama
  • Documentación
    • Alumnado
    • Familia
    • Profesorado
  • Comedor
    • Menús
    • Avisos
    • Documentación
  • Transporte
    • Transporte
  • Aula Virtual
  • EVA Edixgal
  • Portal Educativo
  • Correo EDU
  • Dinahosting
dices2
dices1

Miga de pan

  1. Inicio

CLUBS DE LECTURA DO 2º TRIMESTRE

Por clubdelectura_…, 29 Marzo, 2026

Chegamos ao final do 2º trimestre e rematamos tamén as lecturas do Club de Lectura As pintoras daltónicas. 

Se queres saber a opinión que o alumnado do CPI ten sobre os tres libros, dálle co rato ao título da noticia e sigue lendo:  
O primeiro que rematamos no tempo, foi o de 3º da ESO, La estrategia del parásito, unha obra que ten varios anos pero que sempre engacha. 

CARLOTA: O que máis me chocou foi o das mortes raras. Que fora todo polo do virus do ordenador non ten sentido. 

LUCÍA: Conciéncianos de algo real de maneira ficticia. Ao principio parece un pouco de ficción científica, pero ao final dis ti, "pois ten razón o que pode pasar nun futuro".

JULIA: O personaxe que máis me gustou foi Judit porque foi o que máis investigou, seguiu unha estratexia, está moi interesada en resolver o misterio. 

IRIA: O epílogo deixa unha sensación de incomodidade. 

O club de lectura de 4º da ESO, que leu O efecto Frankenstein, foi un pouco máis crítico coa obra:

RITA: O que me pareceu forte foi a versión mala de Frankenstein. Intentou abusar da rapaza!

ANTÍA: Gustoume, non era necesario máis final. Acabouse, o monstro acaba como bo e pareceume ben. É un libro extenso e denso e foi suficiente.

SAMUEL: Wolf era moi listo. O primo de Max quixo envelenalos a todos, pero ao final Wolf amañouse, ou fixo algo, para que non lle pasase nada a Max. Wolf deixou morrer só a Johannes en castigo polo que lle quería facer a Max. O que non entendo é por que foi con Nora á súa época...

ILEANA: Antes do Epílogo foi un final agridoce, pero estaba feliz do que viviu. 

Por último, os alumnos e alumnas de 2º da ESO, que remataron o libro na derradeira semana do trimestre, estableceron un diálogo sobre a obra A balada dos unicornios: 

XULIA: O final é moi predicible. 

ÍAN: Podía ter máis xiros inesperados. 

ROI: O libro é moi fantástico, a miña conclusión é que nun mundo así todo é posible. Tes que pasar por malas etapas para despois chegar a un bo momento. 

MARTA: Mola que tivese fantasía, pero xa era de máis. 

LOU: Do final esperaba máis. 

XULIA: Tes que arriscar pola xente que queres.

MARTA: Faltaba o bico. 

LOLA: Tamén.

ROI: Faltou trama no medio da historia, como que se parou un pouco a historia. 

LOU: No medio da historia paréceme que se centraba máis na viaxe. E despois un pouco no asasino que enviaron. 

XULIA: Xa non falaba tanto da directora, senón do asasino. 

ROI: O principio e mais o final do libro son os que máis enganchan. 

ÍAN: Ao final podíanlle meter máis chicha. 

MARTA e LOLA: O bico!

XULIA: Ou outro libro que continúe...

LOU: Ou contalo desde o punto de vista doutro personaxe. 

E tocou o timbre que anunciaba o final do recreo e xa non deu tempo a máis. 

 

 

 

taxonomiaclubdelectura
Club de Lectura
Biblioteca Lois Aldegunde
Club de Lectura
InnovalabPIE
Blogs
Club de ciencia
Actividades
EDNLG
ANPA
Corpo
Facebook
Instagram
Programas educativos
Powered by Drupal