Saltar navegación

Especialmente protexidos.

Datos especialmente protexidos (art. 7 da Lei Orgánica 15/1999):

Os que revelen a ideoloxía, afiliación sindical, relixión e crenzas.

Os que fagan referencia á orixe racial, á saúde e á vida sexual.

Os relativos a infraccións penais ou administrativas.

Algúns dos datos manexados habitualmente nos contornos educativos que deben ser obxecto de protección oficial:

Datos referentes á saúde do alumnado:

  • intolerancias alimenticias
  • problemas de saúde
  • datos psicolóxicos contidos no informe psicopedagóxico
  • etc...

Datos relativos ao grao de minusvalía do alumnado ou nalgún dos proxenitores, datos relativos á orixe racial, etc.

CAUTELAS

  • Envíos e entrega de documentación.
  • Custodia da documentación.
  • Fotocopias.
  • Correos electrónicos.
  • Contrasinais.