Saltar navegación

A rede. Identidade Dixital

Sabemos o que subimos ás redes?

Cada momento que pasamos na internet estamos a deixar rastro do que facemos, deixamos unha pegada que vai representando a nosa identidade na rede.

Ser conscientes de que cada vez que subimos información do noso alumnado (fotografías, videos, traballos...), visitamos páxinas educativas, se entramos a unha rede social e participamos, queirámolo ou non, estamos a deixar a nosa opinión sobre gran cantidade de aspectos, segundo os nosos contactos tamén se nos pode coñecer, se revisamos as páxinas polas que navegamos tamén xeran moita información sobre nós.

Compartímosvos un extraordinario vídeo que nos pode servir para reflexionar da gran cantidade de información que hai nosa na rede sen que nós sexamos conscientes:

Non imos profundizar neste aspecto porque daría para facer un curso pero deixamosvos webgrafía específica ao finalizar este documento, e premendo na botoneira de retroacción.