Queridos alumnos/as,
Agardo que esteades ben. Lede ben esta mensaxe, todos os puntos son moi importantes.
1. Nos próximos días informarei de como se vai realizar a recuperación das avaliacións suspensas. Estade atentos/as.
2. Tedes xa colgada a tarefa para esta semana sobre o sistema circulatorio.
3. Recordade que a parte desta tarefa podedes facer os boletíns de reforzo e/ou ampliacion que teñades atrasados, visualizar os filmes, documentais e programas que vos propoño ou realizar a actividade de #Naturezanacasa, tedes toda a información no apartado "Outros recursos".
4. No apartado de "Outros recursos para a corentena" tamén vos vou colgar un arquivo con apps para identificar aves pola súa anatomía e canto e tamén instrucións para que poidades facer comedeiros para elas nestes días de confinamento.
5. Por favor, aquel alumnado que non teña os medios para poder facer estas tarefas telemáticas que se poña en contacto comigo para que poida axustar ditas tarefas á súa situación particular.
MOITO ÁNIMO, BÓTOVOS DE MENOS.
Irene